No Concello de Lugo sabemos moi ben que as festas patronais do
San Froilán son un dos sinais de identidade máis importantes da nosa
cidade, pois nestes días de outono Lugo reforza a súa condición de
capital cultural e lúdica e atrae multitudes de toda Galicia e de fóra
de Galicia. Por iso o programa das nosas festas debe en primeiro
lugar procurar satisfacer a todos. Debe satisfacer os lucenses, que
esperan todo o ano o estoupido de animación de principios do outono,
e debe satisfacer os forasteiros, que en número cada vez maior
veñen onda nós atraídos pola singularidade dun acontecemento que
conxuga a tradición coa modernidade e marca o calendario galego
cos grandes e pequenos concertos, coa música tradicional que anima
todos os recantos, coa ledicia das rúas ateigadas, coas variadas cores
do feiral, co saboroso atractivo dos caldeiros e as casetas do polbo.
Por iso, aínda que os tempos impuxesen algunhas limitacións
orzamentarias, a imaxinación e o bo facer do equipo organizador
dirixido pola Concelleira de Cultura e Turismo lograron unha vez máis
un fermoso e variado programa onde os diferentes gustos se tiveron
en conta para que todos os lucenses e todos os nosos visitantes atopen
concertos e actividades do seu interese. Cun programa coma este, as
festas do 2009 serán de novo un éxito de público e de satisfacción
xeral. Para acabar de garantilo só falta que chova ó gusto de todos:
é dicir, que non chova!
Como Alcalde de Lugo, só me queda saudarvos e darvos a benvida
a estas grandes festas populares: unha agarimosa benvida dunha
cidade aberta e cordial que sabe manter as tradicións seculares e ó
mesmo tempo camiñar cara a diante coas novidades do novo milenio.
Que o pasedes moi ben, unha vez máis e sempre!
José López Orozco
Alcalde de Lugo
É verdade que á hora de organizar e programar o San Froilán
do 2009 nos moviamos dentro duns límites algo máis estritos
ca outros anos, e que a redución dos orzamentos que impón a
responsabilidade política nunhas circunstancias económicas
coma as presentes parecía restrinxir en principio as posibilidades
de contratación.
Non obstante, o esforzo de todo o equipo da Concellería de
Cultura e Turismo e unhas negociacións a miúdo laboriosas
conducíronnos ó éxito de lograrmos un programa que, aínda
sendo realmente aforrador, non o parece pola súa riqueza.
Era un reto difícil, pero conseguimos traer a Lugo importantes
concertos que sen dúbida atraerán multitudes. E por suposto,
a presenza nas rúas, nas prazas e nos escenarios da música
tradicional galega continúa sendo unha das características
máis salientables dunhas festas que dende sempre se
distinguiron pola súa atención á nosa cultura popular.
The Wailers, Peret, Amaral, María del Mar Bonet, Los Planetas,
Fuxan os Ventos, entre outros excelentes músicos e artistas,
encherán o San Froilán coas súas diversas ofertas e
contribuirán a unhas festas para o gozo de hoxe e a lembranza
de mañá. E todas as actuacións (excepto as anteriores ó inicio
oficial das festas) serán gratuítas, como é sempre a nosa
intención e como vén sendo xa tradicional.
Era necesario axustar os gastos á situación. Pero, para dicilo
dunha maneira clara, as festas de San Froilán deixan moitos
cartos en Lugo, e sería un grave erro tamén dende o punto de
vista económico baixar o seu nivel, pois as festas non son un
gasto, senón unha inversión para a cidade. O orzamento foi
reducido, pero aínda así contamos cun magnífico programa que,
estou segura, colmará as expectativas de lucenses e visitantes,
facendo que unha vez máis estas sexan as festas máis
fermosas do outono galego, tal como se titula -coas célebres
palabras de Cunqueiro- o libro que este ano publicamos na
Colección San Froilán dos devanceiros e que recolle moitas das
mellores páxinas que cincuenta escritores lle teñen dedicado ó
San Froilán de Lugo ó longo de case un século.
Así será, grazas ó programa, pero tamén a vós, que ano tras
ano facedes coa vosa multitudinaria participación o que é
quizabes a parte máis importante do San Froilán de Lugo.
Concepción Burgo López
Concelleira de Cultura e Turismo
LUNS 28 DE SETEMBRO
21:00 h / Auditorio Municipal
Gustavo Freire
Espectáculo de
ALBERT PLÁ:
La diferencia*
MÉRCORES 30 DE SETEMBRO
21:00 h / Auditorio Municipal
Gustavo Freire
JARABE DE PALO:
Reciclando Tour*
pre vio San Fro ilán
* Entradas á venda en Caixanova: www.caixanova.es / 902 504 500
SÁBADO 3 DE OUTUBRO
13:00 h / Auditorio Municipal Gustavo Freire (entrada libre)
Sorteo da Lotería Nacional
SÁBADO 3 DE OUTUBRO
21:00 h / Praza Horta do Seminario
Concerto de
ARRHYTHMIA
LASTWAY
FEW DAYS LATER
Dom ingo 4
Comezo das festas
12:00
18:00
19:30
20:30
20:15
20:45
21:30
21:15
22:30
23:30
LUCÍA PÉREZ
Domingo 4 / 21:30 h
Praza de Santa María
the wa ilers
Domingo 4 / 22:30 h
Praza Horta do Seminario
20:00
Actuación con globos de Animatium: Globoanimación, na carpa do San Froilanciño situada no patio
Interactiva
do edificio administrativo do Concello
Actuación de circo con Shampoo: Malabares Asombrosos,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Actuación con pompas de xabón cos Pomper: O Show dos, na carpa do San Froilanciño situada no patio do
Pomper
edificio administrativo do Concello
Pregón a cargo de Lois Diéguez, escritor, na casa do Concello
Os Pelúdez entre nós
na praza Maior
Animación de rúa coa charanga O Santiaguiño
polo recinto histórico
Apertura da porta do Cárcere a cargo de D. Joaquín García, membro do Congreso dos Deputados e voceiro do Grupo
Díez
Municipal Popular
Sesión de fogos artificiais
desde o barrio do Carme a cargo
de Pirotecnia Astariz para apreciar na súa totalidade desde o
adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do
Bispo Odoario e Aguirre
Concerto de LUCÍA PÉREZ na praza de Santa María
Concerto de THE WAILERS na praza Horta do Seminario
Verbena a cargo da orquestra PHILADELPHIA
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
Luns 5
Día de San Froilán
11:00
12:00
12:00
12:30
13:30
18:00
19:30
20:30
22:30
MAMÁ CABRA
Luns 5 / 19:30 h
Praza de Santa María
PERET
Luns 5
20:30 h
Praza Horta
do Seminario
20:00
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
11:15
11:45
13:30
17:00
17:30
18:00
19:00
Apertura da porta de San Pedro a cargo de D. Ignacio, ex concelleiro delegado de Cultura
Rodríguez Eguíbar
e Educación do Concello de Lugo
Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira
na praza Maior
Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores
pola rúa Aguirre e na praza Maior
Ofrenda da Corporación a San Froilán na Catedral de Lugo
Actuación de pequeno circo con Piruleta: Mundo Piruleta,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete
da praza Maior
Actuación do grupo de música tradicional María Castaña
na praza Maior
Os Pelúdez entre nós
na praza Maior e recinto feiral
Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira
na praza Maior
Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores
na praza do Campo
Actuación do grupo de música tradicional Devandoira
na praza Maior
Actuación de humor e circo con Dinky: O clown do diábolo,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Actuación do grupo de música tradicional Volta do Agro
na praza Maior
Concerto de MAMÁ CABRA para nenos na praza de Santa María
Actuación das cantareiras Cantar das Eiras na praza Maior
Concerto de PERET na praza Horta do Seminario
Verbena a cargo da orquestra PARÍS DE NOIA na praza Maior
Martes 6
12:00
18:00
19:30
21:30
Apertura da porta Falsa a cargo de D. José Ramón Gómez, presidente da Deputación Provincial de Lugo
Besteiro
Actuación de monicreques coa compañía La Chana: Vulgarcito,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Actuación de pallasos con Andy: Los Sueños de la Chistera,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Concerto de REVÓLVER (en acústico) na praza de Santa María
REVÓLVER
Martes 6 / 21:30 h / Praza de Santa María
Mércores 7
Día dos Maiores
12:00
17:00
18:00
19:30
19:30
21:00
EL KIKI
Mércores 7 / 21:00 h
Praza Horta do Seminario
20:00
Apertura da porta Nova a cargo de Dna. Raquel Arias, delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo
Rodríguez
Festa popular para maiores coa orquestra ACORDES
na praza Maior
Actuación de monicreques coa compañía Teatro Babaluva:, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
Lume
administrativo do Concello
Espectáculo de Ciencia Divertida: Misión Espacial, na carpa
do San Froilanciño situada no patio do edificio administrativo
do Concello
Degustación de carne de raza rubia galega, organizada
pola Deputación, a través do INLUDES, co Concello de Lugo
e coa Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA)
na praza de Santa María
Presentación do núm. 6 da colección San Froilán dos
Devanceiros, no salón de plenos da Casa do Concello
Concerto de EL KIKI na praza Horta do Seminario
Xoves 8
12:00
18:00
21:00
Apertura da porta do Bispo Odoario a cargo de D. Ricardo, deputado autonómico e membro da Mesa
Varela Sánchez
do Parlamento Galego
Actuación de monicreques con La Rous: La casa del abuelo,
na carpa do San Froilanciño, situada no patio do edificio
administrativo do Concello
(Segundo pase) Actuación de monicreques con La Rous:, na carpa do San Froilanciño, situada
La casa del abuelo
no patio do edificio administrativo do Concello
Concertos de SEVIG NY e NACHO VEGAS na praza de Santa María
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
19:30
SEVIG NY + NACHO VEGAS
Xoves 8 / 21:00 h / Praza de Santa María
Venres 9
12:00
18:00
20:30
22:30
22:15
23:30
DJ MVP a.k.a. UNKNOWN MAN + ANUBIS METAL JACK
+ S. MEDINA + SOCKER a.k.a. EL MAL AGÜERO
+ LA EXCEPCIÓN
Venres 9 / 22:30 h / Praza Horta do Seminario
Michele McCain
Blues Band
Venres 9 / 20:30 h
Praza de Santa María
23:00
Apertura da porta do Bispo Aguirre a cargo de D. Alberto, presidente da Xunta de Galicia
Núñez Feijoo
Tarde de maxia con Chrystyan Magic e o Mago Rafa, na carpa
do San Froilanciño, situada no patio do edificio administrativo
do Concello
Concerto de MICHELE McCAIN BLUES BAND na praza
de Santa María
Animación de rúa coa Charanga.es polo recinto histórico
Noite de hip hop na praza Horta do Seminario a cargo de:
DJ MVP a.k.a. UNKNOWN MAN + ANUBIS METAL JACK
+ S. MEDINA + SOCKER a.k.a. EL MAL AGÜERO + LA EXCEPCIÓN
Animación de rúa coa charanga Madia Leva polo recinto histórico
Os Pelúdez entre nós
pola praza Maior
Verbena a cargo da orquestra SINTONÍA DE VIG O na praza Maior
23:15
Sábado 10
Día de Ferrol
12:00
12:00
12:30
13:00
17:30
18:00
18:00
20:00
22:00
Apertura da porta de San Fernando a cargo de Dna. Branca, ex tenente de alcalde e delegada da área
Rodríguez Pazos
de Benestar Social do Concello de Lugo
Actuación de monicreques con Ángeles de Trapo: Inolvidable, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
Quijote
administrativo do Concello
Pasarrúas da Rondalla Trovadores (Ferrol) pola Ruanova
Recepción oficial no Concello á Corporación do Excmo.
Concello de Ferrol
Recepción Oficial no Concello aos participantes no VII Festival
de Folclóre Tradicional
Tarde de música con César, o home orquestra: Cé, orquestra, e Santiago Aldeguer, na carpa do San Froilanciño
pantasma
situada no patio do edificio administrativo do Concello
VII FESTIV AL DE FOLCLORE TRADICIONAL
na praza
de Santa María
Os Pelúdez entre nós
pola Ruanova
Pasarrúas da Rondalla Trovadores (Ferrol) pola Ruanova
Concerto de AMARAL na praza Horta do Seminario
Animación de rúa coa charanga Trópico de Grelos
polo recinto histórico
Verbena a cargo da orquestra MIRAMAR
20:30
00:00 amaral
Sábado 10 / 22:00 h / Praza Horta do Seminario
23:00
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
Dom ingo 11
Domingo das Mozas / Día do Traxe Tradicional Galego
11:00
12:00
12:00
13:30
18:00
19:30
22:30
20:30
23:00
María del Mar
Bonet
Domingo 11 / 20:30 h
Praza de Santa María
Los Planetas
Domingo 11 / 22:30 h
Praza Horta do Seminario
13:00
22:45
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
17:00
11:30
Apertura da porta da Estación a cargo de D. José Blanco López,
ministro de Fomento
Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
Recepción no Concello ós participantes na Mostra Tradicional
Amigos do Traxe (Santiago de Compostela) e Asociación María
Castaña (Lugo). Paseo e exhibición desde o Concello ata o parque
Rosalía de Castro, onde se levará a cabo unha ofrenda floral á
insigne escritora por parte de Dna. Purificación López Ferreiro,
presidenta da Asociación de Persoas Sordas de Lugo (ASORLU)
Exhibición de danza do alumnado de grao elemental do
Conservatorio Profesional de Danza de Lugo: Contos de
Danza
, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Actuación de danza con Experimenta Danza: Xogando coa, na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
arte
administrativo do Concello
Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete da praza Maior
Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
Actuación de humor, maxia e pompas de xabón con
Made in Jabón: La pompa atómica
, na carpa do San Froilanciño
situada no patio do edificio administrativo do Concello
Actuación de monicreques con Títeres Trompicallo:, na carpa do San Froilanciño situada no patio
Violeta Coletas
do edificio administrativo do Concello
Concerto de MARÍA DEL MAR BONET na praza de Santa María
Concerto de LOS PLANETAS na praza Horta do Seminario
Animación de rúa coa charanga Támega polo recinto histórico
Verbena a cargo da orquestra COSTA OESTE na praza Maior
Luns 12
Día do Pilar
11:00
11:30
12:00
13:00
18:00
19:30
20:30
21:00
21:15
23:00
fuxan os ventos
e invitados
Luns 12 / 21:15 h
Praza Horta do Seminario
20:00
Apertura da porta Miñá a cargo de D. José Manuel Barreiro, senador
Fernández
Inauguración da FEIRA MEDIEVAL na praza Pío XII
Actuación de teatro con Chévere: Alá no fondo hai sitio abondo,
na carpa do San Froilanciño situada no patio do edificio
administrativo do Concello
Concerto da Banda Municipal de Lugo no templete
da praza Maior
Tarde de humor e circo con Rafaelo: A sary atale in Chicago,
e Trotonix: Trotonix anda solto, na carpa do San Froilanciño
situada no patio do edificio administrativo do Concello
Peche da Porta de Santiago a cargo de D. José López Orozco,
alcalde de Lugo
Animación de rúa coa charanga Os amigos de Manolo
polo recinto histórico
V Gala do Deporte
no Auditorio Municipal Gustavo Freire
Sesión de fogos artificiais
desde o barrio do Carme a cargo
de Pirotecnia Resúa para apreciar na súa totalidade desde o
adarve da Muralla, no tramo comprendido entre as portas do
Bispo Odoario e Aguirre
Concerto de FUXAN OS VENTOS e invitados (Guadi Galego,
Pepe Ferreirós, Xabier Díaz, Nova Galega de Danza, ...)
presentando TERRA DE SOÑOS, na praza Horta do Seminario
Verbena a cargo da orquestra PANORAMA na praza Maior
infantil actos institucionais animación de rúa música fogos artificiais outras actividades
3. Praza Horta
do Sem inar io
ARRHYTHMIA
LASTWAY
FEW DAYS LATER
Sábado 3 / 21:00 h
the wa ilers
Domingo 4 / 22:30 h
PERET
Luns 5 / 20:30 h
EL KIKI
Mércores 7 / 21:00 h
DJ MVP a.k.a. UNKNOWN MAN
ANUBIS METAL JACK
S. MEDINA
SOCKER a.k.a. EL MAL AGÜERO
LA EXCEPCIÓN
Venres 9 / 22:30 h
amaral
Sábado 10 / 22:00 h
Los Planetas
Domingo 11 / 22:30 h
FUXAN OS VENTOS
Luns 12 / 21:15 h
Índ ice de concertos
2
1
3
4
5
6
7
4. Pat io do ed ificio adm inistrat ivo do concello
Carpa do SAN FROILANCIÑO
5. Praza anxo fernández gómez
ArteSanFroilán
Horario: Luns a venres de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
Festivos e fins de semana: de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 22:00 h
6. Praza do campo , 11
Oficina Municipal de Turismo
Horario: de 10:30 a 14:00 h e de 16:30 a 20:00 h
7. Praza da const ituc ión
Punto informativo do San Froilán
Horario: de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 20:00 h
8. Pazo de fe iras e con gresos . Do 2 ao 5 de outubro
Expolugo 2009
Horario: de 11:00 a 21:00 h
8
1. Aud itor io Mun icipal
Gusta vo Fre ire
ALBERT PLÁ*
Luns 28 de setembro / 21:00 h
jarabe de palo *
Mércores 30 de setembro / 21:00 h
2. Praza de Santa María
LUCÍA PÉREZ
Domingo 4 / 21:30 h
MAMÁ CABRA
Luns 5 / 19:30 h
REVÓLVER
Martes 6 / 21:30 h
SEVIG NY
NACHO VEGAS
Xoves 8 / 21:00 h
Michele McCain
Blues Band
Venres 9 / 20:30 h
VI FESTIV AL DE
FOLCLORE TRADICIONAL
Sábado 10 / 18:00 h
María del Mar Bonet
Domingo 11 / 20:30 h
* Entradas á venda en Caixanova: www.caixanova.es / 902 504 500
DEPORTES
sábado 26 de setembro
09:00 I X Marcha CICLOTURISTA BTT San Froilán
Polideportivo Municipal Casa do Deporte
Chegada día 27 - ás 13:00 h
mércores 30 de setembro
20:00 II Torneo San Froilán de BALONMÁN
Polideportivo Municipal Casa do Deporte
sábado 3 de outubro
10:00 I Torneo San Froilán de SQUASH (VI Open Nacional)
Pazo Universitario
Competición días 2 e 3
10:00 XII Torneo San Froilán de GOLF
Club de Golf
16:00 I Torneo San Froilán de BEISBOL
Campo Municipal de Beisbol do Ceao
16:00 X GRAN PREMIO CICLISTA San Froilán
Avenida de Ramón Ferreiro
16:30 III Torneo San Froilán de TIRO CON ARCO
Polideportivo Municipal da Piringalla
17:00 XI Torneo San Froilán de RUGBY
Estadio Municipal Gregorio Pérez Rivera
18:00 XXXV Torneo de JUDO San Froilán
Polideportivo Municipal Casa do Deporte
dom ingo 4 outubro
10:00 XVI Tirada San Froilán PISTOLA 9 mm
Galería de Tiro de Rozas
10:30 II Open San Froilán de SCALEXTRIC
Capicúa - Montero Ríos 5
16:00 VIII Open San Froilán de PADEL
Hotel Santiago
sábado 10 de outubro
11:00 CAMPIONATO GALEGO MAQUETAS AEROMODELISMO
Campo de Voo das Gándaras
16:00 I Torneo San Froilán de BEISBOL Veteranos
Campo Municipal de Beisbol do Ceao
20:00 Campionato Galego BILLAR A TRES BANDAS
Círculo das Artes
dom ingo 11 de outubro
11:00 FESTIV AL AEROMODELISMO San Froilán
Campo de Voo das Gándaras
12:00 V Memorial de FÚTBOL "Ricardo Gómez"
Campo de Fútbol Municipal da Cheda
12:00 XII Torneo HOCKEI LIÑA Cidade de Lugo
Polideportivo Municipal da Piringalla
Competición días 10 e 11
17:00 VII Open San Froilán de Tenis
Club Fluvial
Competición do 4 ó 11
luns 12 de outubro
10:00 I X Concurso de PESCA de Ciprínidos
Río Miño - Tramo Libre
10:00 III Trofeo de BOWLING Cidade de Lugo-As Termas
Bolera C.C. As termas
11:00 XXXII Memorial de ATLETISMO Gregorio Pérez Rivera
Estadio Municipal Gregorio Pérez Rivera
12:00 VIII Open San Froilán BILLAR POOL BOLA 8
Locais Clubes
Competición 10-11-12
20:30 V Gala PREMIOS EL PROGRESO AO DEPORTE LUCENSE
Auditorio Gustavo Freire
Novo libro da colección SAN FROILÁN DOS DEVANCEIROS
A festa máis fermosa
do outono galaico
(Os escritores falan do San Froilán)
J. Luís Calvo e Yago Rodríguez Yáñez
San Froilán e as súas festas lucenses levan moito tempo sendo
materia literaria privilexiada. Este libro é unha ampla recolleita -pero
non exhaustiva nin moito menos- do que máis de cincuenta escritores
e escritoras dixeron sobre o tema en verso e prosa, en galego e en
castelán, e tamén en francés. Os textos proceden de libros, de xornais e
doutras publicacións periódicas, e entre eles figura tamén algún inédito.
Non queremos salientar aquí o nome de ningún dos autores
escolmados, algúns dos cales figuran entre os máis altos cumes da
literatura. Non sería xusto, porque algúns dos máis belos textos
deste libro son de escritoras e escritores ben menos coñecidos, que
non obstante acertaron a recoller neles o espírito das festas que un
dos máis grandes definiu como as máis fermosas do outono galaico.
A lenda de San Froilán di que unha pomba vermella e outra branca se
lle pousaron na boca. Serían esas mesmas pombas as que inspiraron
tantas páxinas con que este libro se honra?
Prezo: 3 euros
Á venda na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, 11)
Presentación do libro:
Mércores 7 de outubro, ás 20:00 h, no salón de plenos da Casa do Concello
OUTROS TÍTULOS DA COLECCIÓN:
Nº 1: Emilia Pardo Bazán en Lugo (San Froilán, 1906),
por Javier Serrano Alonso
Nº 2: A chegada a Lugo do primeiro tren (San Froilán, 1875),
por Darío Xohán Cabana
Nº 3: O cinematógrafo nas festas de San Froilán de Lugo (1898-1930),
por Fernando Arribas Arias
Nº 4: Cunqueiro e Don Hamlet en Lugo (San Froilán, 1959),
por Darío Xohán Cabana
Nº 5: Pelúdez. O libro (1908-2008). Cen anos de sanfreiláns
contados por el mesmo, por Antonio de Cora, Juan Ramón
Somoza, Purificación de Cora, Xosé Trapero e Xosé de Cora
XIII Edición Mostra de Artesanía
arte san fro ilán
Do 3 ó 12 de outubro. Praza Anxo Fernández Gómez
A Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño
(CENTRAD), presenta nestas festas de San Froilán a XIII edición da feira
Artesanfroilán, todo un clásico dentro da programación dos festexos
patronais da capital da provincia.
Dende o día 3 ata o 12 de outubro a praza Anxo Fernández Gómez,
detrás da Casa do Concello e en pleno Casco Amurallado, convértese
nun escaparate da artesanía galega e luguesa en particular, onde
estará situada a carpa de Artesanfroilán
Un total de 26 artesáns non só da provincia senón de toda Galicia e
incluso de Asturias expoñen ó público durante as festas patronais
máis importantes de Galicia as pezas máis selectas de xoiería, pratería
maquetismo, monequería, encaixes, serigrafía, téxtil, marroquinería,
olería, cerámica, metalisteiría, vidro, cartón-pedra, arreglos florais,
xoguetes ou madeira.
Esta é unha oportunidade única que os lugueses e os milleiros de
persoas que visiten Lugo durante o San Froilán non deben perder,
xa que se trata dunha ocasión inmellorable para coñecer o traballo
e o esforzo que realizan estes profesionais para manter os oficios
artesanais vivos no tempo.
Horario:
Luns a venres:
de 11:00 a 14:00 h e de 17:00 a 21:00 h
Festivos e fins de semana:
de 11:00 a 15:00 h e de 16:30 a 22:00 h
Ademais de Artesanfroilán, o Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD)
da Deputación ofrece, dentro da programación do San Froilán, unha
interesante exposición na Capela de Santa María denominada "3+3
Vigo. Xeración dos 50". A mostra, que foi inaugurada o 17 de setembro
e estará aberta ó público ata o 8 de novembro, amosa obras de pintura
e escultura de 6 artistas vigueses que teñen como denominador común
ter nado na década dos 50.
Mingos Teixeira, Antonio Abad, Rafael Calvo, Camilo Camaño Xestido,
Andrés Conde e Victoria Fernández-Novoa, forman un grupo de
tendencias moi diferentes, desde o postimpresionismo conciso ata o
informalismo máis rigoroso.
"3+3 Vigo. Xeración dos 50" é un exemplo de que a Deputación aposta
pola artesanía galega e a arte en xeral. Para o organismo provincial
é un motivo de satisfacción que a Capela de Santa María sexa o lugar
elixido para amosar estas obras, xa que a sala do CENTRAD estase a
converter no epicentro das últimas tendencias de deseño e artesanía,
tal e como sucedeu con "Borde Sur", a mostra que reunía a obra de
grandes artistas uruguaios.
Ademais, con esta mostra estréitanse lazos entre Lugo e Vigo a través
dos seus Centros de Artesanía, os únicos que hai en Galicia. Tanto o
Centro de Artesanía e Deseño dependente da Deputación como o Centro
de Artesanía Tradicional da cidade olívica son punteiros na recuperación,
protección e promoción da nosa artesanía, e empréndese unha senda
de colaboración para que artistas de Vigo poidan promocionar o seu
traballo na nosa provincia, e os de Lugo se dean a coñecer fóra.
3+3 vigo. Xerac ión dos 50
Ata o 8 de novembro. Capela de Santa María
Horario:
Luns a venres: de 12:00 a 14:00 h e de 18:00 a 21:00 h
Fins de semana: de 18:00 a 21:00 h
expolu go 2009
O escaparate da riqueza da nosa provincia
Do 2 ó 5 de outubro
Expolugo é a feira multisectorial reflexo das actividades, produtos
e proxectos das empresas e institucións da provincia de Lugo.
A presenza no Pazo de Feiras e Congresos dos máis diversos sectores
da economía e a sociedade asegura ano a ano un éxito consolidado de
participación e público.
Paralela á Mostra Multisectorial, destaca a celebración de A Rural,
mostra agrogandeira e alimentaria que resalta os produtos
dos sectores gandeiro e agroalimentario, ambos esenciais na
economía e na sociedade da nosa provincia. Tamén teremos unha
destacada presencia de maquinaria agrícola, sector fundamental no
desenvolvemento da provincia.
É tradición que Expolugo coincida en datas coa celebración das festas
patronais de San Froilán, que atraen ano a ano ata Lugo a miles de
visitantes. Na pasada edición, Expolugo acadou preto de 23.500
visitantes; en 2009, agárdase volver a superar estas espectativas.
Horario: de 11:00 a 21:00 h
Entrada 4 euros, de balde para os menores de 12 anos
Organizada pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo
Tfno. de información: 982 285 200
COMISIÓN DE FESTAS
Presidente
D. José C. López Orozco
Vocais
Dna. M.ª Concepción Burgo López
Dna. Sonia Méndez García
D. José Manuel Díaz Grandío
Dna. Alicia Rosa Peña Murias
D. Antón Bao Abelleira
Excmo. Concello de Lugo
Concellería de Cultura e Turismo
+ info: www.lugo.es
Tfn. 982 29 73 50
para chamadas
desde fóra de Lugo
Este programa pode ser obxecto de modificacións.
Calquera novidade será publicada diariamente
nos medios de comunicación locais e na web do Concello
* Existe tamén un programa específico para o San Froilanciño



























1 comentario
pauleta 1 oct 2009 | 09:19 PM
Hace años que no visito estas fiestas... me encantan y con lo bonito que es Lugo... ya me gustaria ir...
Quizás en otro año...
Bicos!!
Escribe un comentario